Cerdedo-Cotobade prepara todas as súas estradas para a tempada de choivas

Cerdedo-Cotobade
06 de outubro 2023

Polo lugar de Atalaia, en Viascón, comezou o plan despregado polo Concello de Cerdedo-Cotobade para mellorar a seguridade nas estradas de titularidade municipal, de xeito que todas estas vías estean preparadas para afrontar a tempada de choivas

Repintado dos viais en Atalaia
Repintado dos viais en Atalaia

Polo lugar de Atalaia, en Viascón, comezou o plan despregado polo Concello de Cerdedo-Cotobade para mellorar a seguridade nas estradas de titularidade municipal, de xeito que todas estas vías estean preparadas para afrontar a tempada de choivas.

Son actuacións que van desde o perfilado e limpeza das cunetas ata o repintado das vías de vertebración interior do concello.

Na Atalaia, por exemplo, a actuación municipal permitiu realizar unha limpeza exhaustiva de cunetas, profundando nos lugares onde facía falta e facilitando a canalización natural das escorrentías e das augas pluviais que se poidan producir coa chegada da estación de choivas.

Ademais, o Concello afrontou o repintado da estrada de titularidade municipal para mellorar a seguridade vial no trazado, xa que co paso do tempo e a acción de desgaste moitas liñas delimitadoras das estradas estaban perdendo a súa visibilidade e funcionalidade.

Esta actuación permitiu mellorar a sinalización horizontal da estrada ata o Parque Multiaventura.