Cerdedo-Cotobade pecha as contas municipais de 2024 con 662.261 euros de remanente de tesouraría

Cerdedo-Cotobade
02 de abril 2025

O Concello asegura que a peche de exercicio mantén débeda cero con entidades bancarias e un pago puntual aos seus provedores

Pleno do Concello de Cerdedo-Cotobade
Pleno do Concello de Cerdedo-Cotobade

O Concello de Cerdedo-Cotobade detallou os datos económicos ao peche do orzamento do ano 2024.

Segundo o goberno local ao peche das contas de 2024 a administración municipal contaba cun remanente de tesouraría para gastos xerais de 662.261,32 euros, ademais dunha "débeda cero" con entidades bancarias, defende o alcalde, Jorge Cubela.

Todo iso partindo dun orzamento de 5,37 millóns de euros nun exercicio que se pechou cunha execución total de 8.683.000 euros.

O alcalde defendeu o equilibrio e estabilidade orzamentaria xunto coa ampliación da capacidade investidora grazas a recursos procedentes doutras administracións, así como o mantemento de servizos públicos.

Tamén asegurou que se mantén un pago puntual a provedores.

Afirma Cubela que ese remanente de tesouraría "fala ás claras da nosa capacidade de xestión, un colchón que nos dá tranqulidade e que nos permite afirmar diante da nosa veciñanza que Cerdedo-Cotobade non so é un concello saneado senón que ten musculatura financeira suficiente para seguir avanzando e aportando orzamentariamente o que sexa necesario para acudir a obras e investimentos con outras administracións ás que temos que concurrir con aportación de fondos propios".