O Concello de Cerdedo-Cotobade verá incrementados os cartosque recibe no plan de mellora de camiños municipais da Dirección Xeral de Agader, grazas á fusión.
A Xunta decidiu incrementar un 50% os fondos para os municipios agrupados co obxectivo de outorgar incentivos aos procesos de fusión. Deste xeito, Cerdedo e Cotobade terían que recibir 69.286 euros por separado, pero finalmente verán incrementada esa cantidade ata os 103.930 euros.
Esta partida, que o concello destinará á mellora de vías da súa titularidade, distribuirase a partes iguais en dúas anualidades, correspondentes co presente exercicio e co 2018. En total contará con 51.965 euros por ano.
O alcalde, Jorge Cubela, lembrou que xa advertira dos beneficios que traería a fusión e cifrou o incremento en preto de 35.000 euros.