Cerdedo-Cotobade busca unha "alianza permanente" con A Estrada en cultura, turismo e servizos

Cerdedo-Cotobade
15 de xaneiro 2025
Actualizado: 16:20

Un dos temas que centrou esta xuntanza estivo relacionado coa promoción turística do interior da provincia de Pontevedra e máis concretamente do Camiño de Taverneiro, alternativo ao Camiño de Santiago

Encuentro entre Jorge Cubela e Gonzalo Louzao
Encuentro entre Jorge Cubela e Gonzalo Louzao / Concello de Cerdedo-Cotobade

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e o seu homólogo en A Estrada, Gonzalo Louzao, mantiveron unha xuntanza para explorar vías de colaboración puntuais e permanentes en materia cultural, promoción turística e de servizos entre ambos os dous municipios.

Os rexedores manifestaron a súa satisfacción por esta primeira entrevista de traballo que xirou en torno á necesidade de dar resposta conxunta a temas que afectan dun xeito similar aos veciños dous concellos, que comparten moitas particularidaees.

Así, Cubela e Louzao destacaron especialmente a extensión e espallamento poboacional, o envellecemento da poboación, a necesidade de reactivar políticas de enraizamento da poboación e a busca de alternativas para a mocidade.

Outro dos temas que centrou esta xuntanza estivo relacionado coa promoción turística do interior da provincia de Pontevedra e máis concretamente do Camiño de Taverneiro.

Destacaron que se trata dun intinerario alternativo e complementario aos camiños de Santiago tradicionais e que comeza a despertar grande interese.

É un itinerario que discorre parte da fronteira protuguesa e chega a Santiago atravesando os municipios de Salvaterra do Miño, Ponteareas, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Ponte Caldelas, Cerdedo-Cotobade, A Estrada e Santiago de Compostela.

Os dous alcaldes, que tamén teñen en común ter chegado ás súas respectivas alcaldías en idades moi novas, acordaron seguir explorando estas e outras vías de colaboración.

A intención é traballar para mellorar a calidade de vida dos seus respectivos veciños e seguir estreitando as relacións institucionais entre estes concellos veciños con intereses comúns.