O Concello de Cerdedo-Cotobade rematou parte das obras incluídas no Plan Parroquias para a contorna de Viascón.
Estes traballos supuxeron un investimento total de 170.000 euros e foron visitados polo presidente municipal, Jorge Cubela, e o concelleiro Javier Lois.
Primeiro, realizouse unha fase inicial do saneamento dos lugares da Costa, Bouza e Cuiñas, co seu respectivo investimento de 70.000 euros, e que para a segunda fase contou cunha cantidade similar.
Estes traballos permiten seguir extendendo a rede de sumidoiros polo termo municipal.
Ademáis, tamén se procedeu á construción de dous muros de contención de gran tamaño elaborados en mampostería en dous puntos desta parroquia nos que se sucedían importantes filtracións de auga por mor da gran cantidade de choiva e da gravidade sobre o terreo, que está en grande desnivel.
Para esa medida de fixación foron investidos 30.000 euros.
Cubela, durante o percorrido de inspección, destacou “a constante mellora de infraestruturas e servizos públicos” que o Concello está a realizar nesta parroquia e lembrou que estes traballos “danlle continuidade á importante obra de seguridade acometida no acceso á igrexa coa construción dunha longa varanda de madeira”.