Cercedo-Cotobade despide o Entroido 2020 co Domingo de Piñata

Cerdedo-Cotobade
06 de marzo 2020

A popular festa comezará o día 8 de marzo ás 16:00 horas co tradicional desfile para dar paso aos concursos de disfraces. Unha vez finalizados os certames o evento continuará no polideportivo con xogos e inchables, actuación musical e degustación gratuíta de vincha, chulas e orellas.

Entroido en Cerdedo-Cotobade
Entroido en Cerdedo-Cotobade / Concello de Cerdedo-Cotobade

Preto de 250 persoas pertencentes a oito grupos e comparsas animarán o Domingo de Piñata que se vai celebrar en Carballedo este 8 de marzo e co que se despedirán as festas do Entroido 2020 no Concello de Cerdedo-Cotobade.

A festa de disfraces empezará ás 16:00 horas e as persoas interesadas en participar nos concursos individuais ou de parellas poderán inscribirse ata as 17:00 horas. Premiarase aos mellores disfraces de cada categoría con premios que oscilan entre os 50 e os 100 dependendo da modalidade.

Antes dos certames celebrarase o tradicional pasarrúas das comparsas, grupos e participantes polo casco urbano da Chan. Una vez finalizados os concursos a festa continuará no polideportivo con xogos e inchables, actuacións musicais e degustación gratuíta de vincha, chulas e orellas.