Os centros de saúde de Pontevedra bótanse a andar no Día Mundial da Actividade Física

Pontevedra
04 de abril 2025

Catro centros de saúde pontevedreses sumáronse á xornada na que participaron profesionais asistenciais, pacientes e cidadáns

Andaina desde o Ambulatorio Virxe Peregrina polo Día Mundial da Actividade Física
Andaina desde o Ambulatorio Virxe Peregrina polo Día Mundial da Actividade Física / Mónica Patxot

Catro centros de saúde e catro andainas saudables.

Profesionais asistenciais, pacientes e cidadáns participaron este venres nos actos organizados para conmemorar o Día Mundial da Actividade Física.

Saíron en concreto catro marchas, ás 10.00 horas, desde o Ambulatorio Virxe Peregrina e os centros de saúde da Parda, Lérez e Monte Porreiro, nunha actividade que contaba coa colaboración do Concello de Pontevedra e de Protección Civil.

Foi unha pequena ruta até o Pavillón Municipal dos Deportes, onde se efectuaron varios obradoiros de exercicio físico.

Ademais tratábase de dar información sobre actividades saudables, saúde nutricional e bos hábitos.

Todo porque tal e como recalcan a profesionais da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, a actividade física reduce o risco unha morte prematura.

Unha bos hábitos físicos reducen o risco de padecer unha enfermidade do corazón e reducen o nivel de azucre en sangue minimizando o risco de síndromes metabólicas e diabetes tipo 2.

Aínda por riba, destacan, o exercicio físico favorece o abandono do tabaco reducindo as ansias e os síntomas de abstinencia, tamén mellora a saúde mental e o estado de ánimo e fortalece ósos e músculos, reducindo o risco de padecer cancro.