Centos de persoas participan no primeiro desfile de disfraces de Cerdedo-Cotobade

Cerdedo-Cotobade
24 de febreiro 2020

O Entroido continuará, dentro de quince días, co coñecido como Domingo de Piñata en Carballedo, programado para o 8 de marzo. Nesa xornada tamén está prevista a celebración dun concurso de disfraces con premios para as persoas participantes 

Entroido en Cerdedo-Cotobade
Entroido en Cerdedo-Cotobade / Concello de Cerdedo-Cotobade

Este domingo, a localidade de Cerdedo celebraba a festa de apertura do Entroido cun primeiro desfile de disfraces organizado polo Concello de Cerdedo-Cotobade. A continuación desenvolvíase o concurso e unha festa na que participaron centos de persoas tanto nas rúas como nas instalacións do pavillón.

As creacións 'Géminis' obtiña o premio individual infantil; a 'Monxa Psicópata' levaba o individual de adulto; a parella infantil foi a mans de 'Maceta e Caracol' mentres que o premio á parella de adultos foi para 'Galicia Calidade'. Dentro do certame tamén se realizaron distincións para os grupos 'A granxa de Gumersinda' e para 'Brancaneves e os sete ananiños'. 

O tempo asollado axudou a que o público asistise a estas actividades nas que non faltaron inchables, animacións musicais, xogos e sorteos. O Entroido continuará dentro de quince días co coñecido como Domingo de Piñata en Carballedo, marcado para o 8 de marzo. 

Durante ese día está previsto un concurso de disfraces coa concesión de premios. A inscrición permanece aberta ata o mesmo día. Ao longo desa xornada tamén haberá diferentes actividades musicais, ademais de degustación gastronómica de chulas, vincha e orellas carnavaleiras.

Arquivado en