As motos, de diferentes tipos, tamaños e cilindradas, invaden esta fin de semana Caldas de Reis atraídos pola concentración moteira organizada pola peña 'Os Keimaos' para festexar o seu décimo aniversario.
A área recreativa de Paradivas, e tamén as estradas e rúas da cidade, contaxiáronse do bo ambiente dos amantes das dúas rodas durante toda a xornada deste sábado.
A concentración comezou ás 11.00 horas coa apertura de inscricións, dando paso a unha 'Ruta Barítima' con paradas para saborear diversas tapas, unha comida popular e a festa prevista para o horario de tarde coa animación musical de Javi Solla, atraccións para nenos e adultos, un novo roteiro, sorteos e ata unha 'proba de decibeis'.
Na concentración participou tamén coa súa moto o tenente de alcalde do municipio, Manuel Fariña, quen se mostrou convencido de que este evento moteiro é "unha das citas indispensables para todas as persoas que viven a paixón polas dúas rodas e o amor pola natureza".
Fariña asegurou ademais estar "encantado de que Caldas albergue un novo evento destas características, que acolle a un grande número de participantes chegados de diferentes puntos da comarca e tamén do resto da xeografía galega, incluso con persoas que pasan a fin de semana na vila".