Centos de fieis recuperan a procesión nocturna da Mercé

Poio
25 de setembro 2023

Multitude de fieis participaron na noite do sábado na procesión da Virxe da Mercé. Unha tradición deixara de celebrarse coa pandemia

Procesión nocturna da Mercé
Procesión nocturna da Mercé / Protección Civil de Poio

Multitude de fieis participaron na noite do sábado na procesión da Virxe da Mercé. Unha tradición deixara de celebrarse coa pandemia.

Como novidade, o percorrido que partiu ás 21.30 horas desde o campo de festas de San Salvador onde se atopa a figura da santa. Antes saía da capela do que era o antigo sanatorio, agora Instituto de Neurorehabilitación Quirón, onde estaba a imaxe de Nosa Señora.

A procesión percorreu a P0-308 e no seu camiño agregáronse fieis de Campelo e, na subida ao Mosteiro, congregáronse os de Combarro. A Comunidade Mercedaria recibio á comitiva e celebrouse a tradicional misa de medianoite. 

Á saída, os asistentes puideron degustar as roscas servidas para a ocasión no exterior da igrexa. 

O domingo continuaron os festexos e os actos relixiosos coa Misa da Vendima.