Celebran un Via Crucis en Moraña para protestar contra o parque eólico do Acibal

Umia
08 de maio 2023

O colectivo Amil Sen Eólicos persiste na súa denuncia da destrución do Patrimonio Arqueolóxico e Natural no monte Acibal, onde se está a construír un parque eólico

O colectivo Amil Sen Eólicos encheu de cruces o camiño a Santa Xusta
O colectivo Amil Sen Eólicos encheu de cruces o camiño a Santa Xusta /

O colectivo Amil Sen Eólicos persiste na súa denuncia da destrución do Patrimonio Arqueolóxico e Natural no monte Acibal, onde se está a construír un parque eólico.

Durante este fin de semana, membros do colectivo encheron de cruces o camiño a Santa Xusta nunha mostra simbólica do seu particular Via Crucis, co obxectivo de visibilizar a súa causa.

Neste lugar, na carballeira de Santa Xusta, o alcalde de Moraña, José Cela celebraba unha comida con representantes do seu partido e o seu candidato para as próximas eleccións.

Os veciños levaban para entregarlles a documentación xa entregada a distintas administracións - incluído o Concello - na que se solicita a paralización das obras. Tamén o recente dictame da Real Academia Galega de Belas Artes, onde se conclúe que o Monte Acibal e o seu entorno non é o máis indicado para a instalación dun parque eólico. Ningún dos representantes políticos se achegou para debatir con eles.

O Via Crucis dos veciños peregrinou tamén ata a vista da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón a Moraña esa mesma mañá para tentar trasladarlle as súas inquedanzas. Neste caso sí recolleu tanto a documentación que os veciños aportaron, como unha camiseta do colectivo.

Con actos como este, os veciños pretenden seguir visibilizando a súa loita non só ante os organismos oficiais e legais, senón tamén ante a sociedade en xeral e os políticos que os representan.

 

Arquivado en