O Concello de Pontevedra e a Policía Local deseñaron para este martes un plan de tráfico con motivo da Carreira popular San Silvestre que se celebra este 31 de decembro.
A saída da proba será ás 17:00 horas desde a avenida Raíña Vitoria, onde xa se retiraron os elementos do skate park.
Os corredores percorrerán as rúas Xeneral Rubín, Iglesias Vilarelle, Alcalde Hevia, Augusto García Sánchez, Praza de Galicia, Andrés Mellado, Peregrina, Praza da Peregrina, Soportais, Praza de Curros Enríquez, rúa Real, Praza Celso García de la Riega, Valentín García Escudero, Rúa Serra, Pai Amoedo, Avenida de Buenos Aires, Uruguai, Galera, Arcebispo Malvar, Praza de España, Michelena, Gutierrez Mellado, Enrique Labarta, Parque das Palmeiras e Avenida de Montero Ríos.
A Policía Local informou de que non está prohibido aparcar nas zonas do percorrido, pero si que unha vez estea o coche aparcado non se poderá mover ata que a carreira termine.
Os cortes de tráfico das rúas afectadas pola carreira faranse entre as 16 e as 19 horas.
Durante ese horario, non se poderá entrar nin saír cos vehículos das zonas afectadas.
Para garantir o óptimo desenvolvemento da proba, a Policía Local estableceu un amplo dispositivo de seguridade.