O sindicato maioritario de Correos na provincia de Pontevedra denunciou a grave situación que atravesa a oficina de Bueu, onde só están cubertas tres das sete seccións de repartición existentes, unha situación especialmente crítica en plena campaña do Nadal, según CCOO.
A falta de persoal está a provocar importantes atrasos nas entregas e unha acumulación de tarefas que afecta directamente á calidade do servizo postal nesta localidadea.
Para paliar a situación, Correos optou por conceder horas extra a traballadores doutra unidade de repartición, unha medida que Comisións Obreiras considera insuficiente.
O sindicato advirte que esta sobrecarga laboral está a afectar tanto á saúde física como mental dos traballadores, provocando un aumento das baixas laborais debido á presión que xera esta "extenuante situación".
CCOO esixiu mediante un escrito remitido o pasado 11 de decembro a contratación do persoal necesario para a unidade de repartición en Bueu.
O sindicato advirte que, de non reverter a situación, estarán brigados a tomar medidas de presión para protexer o benestar dos traballadores e garantir un servizo público de calidade.
A organización sindical considera "inadmisible" esta situación en períodos normais e "inasumible" en plena campaña do Nadal, cando o volume de paquetería aumenta de maneira notable.