CC.OO e UXT compartirán manifestación o 1 de maio porque "fai falta outra política"

Pontevedra
25 de abril 2013

A manifestación sairá ás 12 da mañá, coincidindo coa da CIG, desde a Praza da Peregrina e rematará ante a Cámara de Comercio, preto da sede provincial do Partido Popular, debido aos numerosos negocios colectivos que se atopan sin renovar

A persoa que se encontre nas portas do Savoy o 1 de maio ao mediodía encontrarase con dúas manifestacións distintas pero cos mesmos obxectivos: a reivindicación dos dereitos laborais e o rexeitamentos aos recortes do Goberno. Unha na Praza da Peregrina convocada por Comisións Obreiras e UXT e outra na praza da Ferrería convocada pola CIG.

A organizada polos dous sindicatos leva por lema Non teñen límite e reclama a loita polos dereitos dos traballadores. Na presentación, o secretario comarcal de UXT, Ramón Vidal, lamentaba que non houbese acordo sindical e que para algúns sexa máis importante "o que nos separa que ou que nos une" referíndose á central nacionalista.

Nesta ocasión, a manifestación finalizará ante a Cámara de Comercio, próxima á sede do Partido Popular. Os convocantes consideran que o pozo cada vez é maior e o secretario comarcal de Comisións Obreiras, José Luis García Pedorsa, afirmou que existe ademais un problema coas negociacións colectivas e os convenios das empresas pendentes que terían que pecharse antes do 8 de xullo porque, pola contra, tería que aplicarse o convenio sectorial e se non existe o estatuto dos traballadores cunha perda de dereitos laborais.

Os dous representantes sindicais fixeron referencia aos datos da Enquisa Pública de Emprego (EPA) e apuntaron a que o Goberno vén realizando unha política de propaganda e non existe recuperación económica en 2013 e "seguramente no 2014". Segundo García Pedrosa, "na provincia de Pontevedra temos unha taxa 3 puntos máis alta que a media de Galicia que ofrece unha situación moi preocupante". Ademais, sinalou que existe unha destrución do emprego público maior que no emprego privado.

En relación coas pensións, o representante de CC.OO indicou que o Goberno ten previsto presentar un incremento da idade da xubilación por enriba dos 67 anos e un aumento do período de cómputo para ter dereito á pensión máxima por enriba dos 35 anos. Ademais, indicou, no cálculo da pensión está previsto que se teña en conta toda a vida laboral.

Con estas previsións, os representantes sindicais consideran que é necesario unha resposta na rúa que evite o cambio de modelo social que "busca o goberno para favorecer os sectores minoritarios e reaccionarios que o apoian".

Arquivado en