Catro persoas resultaron feridas este xoves nun accidente de circulación rexistrado na zona de Fragoso, entre Pontevedra e Campo Lameiro.
Segundo informou o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia 112, o accidente consistiu na colisión entre tres coches e unha das vítimas presentaba feridas de carácter grave.
Unha persoa particular contactou co 112 Galicia ás 19.10 horas deste venres indicando que un dos vehículos implicados envorcara, pero que ningunha das vítimas permanecía atrapada.
O persoal do 112 alertou ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros de Pontevedra, así como ás agrupacións de Protección Civil e da Garda Civil de Tráfico.