Catro paquetes turísticos para "poner en valor" o potencial de Pontevedra e a súa comarca

Pontevedra
17 de decembro 2012

Trátase de catro completas ofertas turísticas coas que Pontevedra pretende avanzar na desestacionalización do seu turismo, a través dunha serie de propostas "con precios muy ajustados" e que estarán destinados, principalmente, ao mercado galego e nacional

"Quien viene a Pontevedra no llega buscando sol y playa, quiere que le ofrezcamos otras cosas". Esa frase da concelleira de Turismo, Carlota Román, resume perfectamente o espírito co que a Mancomunidade Terras de Pontevedra, en colaboración con empresas do sector, puxo en marcha un total de catro paquetes turísticos, cos que se pretende poñer en valor a Pontevedra e o resto da súa comarca.

Trátase de catro completas ofertas turísticas coas que Pontevedra pretende avanzar na desestacionalización do seu turismo, a través dunha serie de propostas "con precios muy ajustados" e que estarán destinados, principalmente, ao mercado galego e nacional, "aquellos que se pueden escapar dos o tres días en un fin de semana y venir a Pontevedra a disfrutar de nuestra oferta cultural o gastronómica", asegurou Carlota Román.

Serán as propias axencias de viaxes e maioristas as que promocionen estes paquetes turísticos, algo que segundo o alcalde, Miguel Fernández Lores, presidente da Mancomunidade, "é algo fundamental, porque son elas as que poden axudarnos a que os turistas coñezan Pontevedra e todo o que podemos ofrecer aos que nos visitan".

Neste sentido, a empresa Tee Travel encargarase de xestionar o paquete de turismo gastronómico. Segundo a súa representante, Mar Rodríguez, trátase de utilizar a gastronomía, un dos maiores atractivos da cidade, para atraer visitantes "especialmente nos meses de menor afluencia". Baixo a denominación "Degusta Pontevedra", ofrece unha detallada ruta polo Centro Histórico que se completa, entre outras actividades, cunha degustación gastronómica.

O turismo accesible, tanto o rural como o urbano, queda en mans de Viajes Atlántico. Organizarán rutas turísticas que pretender ser unha opción prioritaria para que persoas con mobilidade reducida "gocen das marabillas de Pontevedra e a súa comarca". Inclúense neste paquete, desde visitas ao Parque Rupestre de Campo Lameiro, unha ruta de balnearios ou unha completa visita á oferta museística e arquitectónica da cidade.

Para rematar, Viajes Amaia comercializará a proposta de turismo en familia, un paquete turístico que pretende conxugar actividades ao aire libre con visitas de corte cultural. Entre as súas bazas atópanse as rutas de sendeirismo ou en bicicleta polo rural pontevedrés, unha tarde no Ecoparque de aventura de Marín ou a participación en diferentes talleres.

Arquivado en