Catro novos falecementos con covid elevan a 21 as mortes rexistradas este xullo en Pontevedra

Pontevedra
20 de xullo 2022

Trátase de dous homes de 86 e 94 anos e dúas mulleres de 70 e 87, todos eles con patoloxías previas e que faleceron entre xoves 14 e o domingo 17  

Hospital Montecelo
Hospital Montecelo / Mónica Patxot

O Sergas notificou este martes catro falecidos máis de persoas con Covid, o que eleva a 21 as vítimas mortais durante este mes de xullo na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés.

Trátase de dous homes de 86 e 94 anos e dúas mulleres de 70 e 87, todos eles con patoloxías previas e que faleceron entre xoves 14 e o domingo 17.

Segundo os datos oficiais, en toda a pandemia houbo 322 falecidos nesta área sanitaria, 93 deles no que vai de ano. 

A área de Pontevedra era tamén este martes a terceira das sete que hai en Galicia con máis enfermos hospitalizados con coronavirus, un total de 117 persoas, cinco delas en estado crítico atendidas na Unidade de Coidados Intensivos de Montecelo (catro) e na do Hospital do Salnés (un). 

En total, este martes, o Sergas notifica 908 casos activos, o que mostra unha evolución á baixa do número de persoas enfermas que informa oficialmente da súa contaxio. Desde o pasado 14 de xuño a área non baixaba das mil infeccións.