Catro novas empresas están a ultimar os trámites para ocupar espazos do viveiro Barro-Meis. Estas catro empresas uniranse en breve a Eurotec Inspección S.L., con quen xa se asinou o acordo de ocupación o mesmo día da inauguración do viveiro.
As catro empresas interesadas son unha de actividade sociosanitaria, formación e orientación; outra de transporte de mercadorías perecedoiras por estrada; unha de construción e rehabilitación enerxética de edificios; e outro emprendedor que se dedica á comercialización, importación e exportación de froitas.
Ademais da empresa xa radicada, destas catro que ultiman os trámites, hai outras catorce que xa se puxeron en contacto coa Deputación de Pontevedra para interesarse polo uso destes espazos.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, mostrou a súa satisfacción polo interese que espertan os viveiros "pero, sobre todo, polo que respecta de creación de emprego que van supor a instalación de estas empresas".
De feito, sinalou que a menos dun mes da inauguración das instalacións demostraron interese para ocupar un 37 por cento do espazo dispoñible. A presidenta afirmou que "non hai inmobiliaria que poida ofrecer estes datos a menos dun mes da inauguración das instalacións".