Os 120 xinetes que participan na Ruta Cabalar entre O Salnés e Tabeirós chegaban a Pontevedra, tras ser recibidos polas autoridades locais de Cambados e Ribadumia, para participar cunha exhibición nas actividades do hipódromo de Campañó durante o Xoves Santo. Previamente foron recibidos polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, nas escalinatas da basílica de Santa María.
Durante este venres, os participantes saíron da praza de Touros onde pernoitaron, para continuar camiño por Beiramar cara á urbanización de Monte Porreiro e percorreron a senda do Lérez.
Despois de topar un aperitivo na Carballeira de Xeve teñen previsto continuar ata Campo Lameiro onde serán recibidos polo alcalde, Xullo Sayáns, e visitarán o Centro de Interpretación da arte Rupestre. A continuación continuarán a ruta ata Cerdedo para chegar a Sabucedo onde, a partir das 21.30 horas deste venres 25, celebrarán unha "festa rachada" na carballeira de Campo do Medio.
Esta Ruta Cabalar que chega á súa cuarta edición está considerada como a mellor organizada das que se celebran en Galicia.