Catorce establecementos hostaleiros participarán na cuarta edición de Destápate por Marín

Marín
24 de maio 2017

Os certames de tapas chegan a Marín. Catorce establecementos hostaleiros participarán na cuarta edición de Destápate por Marín, que se celebrará na vila entre o 15 e o 25 de xuño. Todos eles elaborarán una única tapa que servirán a un prezo de 1,50 euros

Celebración de San Migheleiro
Celebración de San Migheleiro / Diego Torrado

Os certames de tapas chegan a Marín. Catorce establecementos hostaleiros participarán na cuarta edición de Destápate por Marín, que se celebrará na vila entre o 15 e o 25 de xuño.

Todos eles elaborarán una única tapa que servirán a un prezo de 1,50 euros. Serviranse en horario de 12.30 a 15.00 horas e de 19.30 a 22.30 horas.

Os locais participantes nesta edición son Restaurante A Lonja Vella, Tapería El Cortijo, Vinoteca Agustín, Café Bar Emily, El Camarote, Hotel Villa de Marín, K-nobbe, Cafetería Royalty, Bar Freixo, Boa Mestura Bar Restaurante, Hotel Residencia Marín, Tapería Matinèe, Cacho Pizza e Bar Marexada.

Os clientes disporán dun Tapasporte, que selarán a medida que proben as tapas. Neles poderán votar polas diferentes tapas. Para coñecer á máis votada, só se computarán os votos de aqueles documentos que teñan polo menos os selos de dez locais participantes.

As persoas que completen toda a ruta, entrarán no sorteo do peso do gañador en cervexa e aqueles que realicen o 70% da ruta, dez tapas, participarán no sorteo de seis xamóns. Ademais, as dez primeiras persoas que entreguen o tapasporte completo obterán un premio directo dunha botella de viño.

Cada vez que un cliente pida unha tapa do concurso tamén recibirá unha papeleta para poder valorar a atención e servizo recibido e poderán depositala, conxuntamente cos seus datos persoais, na urna que se habilite para tal fin no propio establecemento, entrando no sorteo de ceas e de xamóns.

Destápate por Marín está organizado pola asociación Estrela de Marín, co apoio do Concello e La Caixa.