A Pontevedrada está en plena forma, e así o demostrou esta fin de semana na súa 14ª edición.
A marcha solidaria entre Pontevedra e Santiago de Compostela que busca concienciar á cidadanía da importancia das doazóns de sangue, órganos e tecidos contou este ano con ata 1.154 rexistrados.
Toda unha 'marea' da man de Asociación de amig@s da Pontevedrada (Asampo).
A saída á Pontevedrada deuse ás 20.00 horas do sábado desde a Alameda de Pontevedra. Por diante quedaban os 67 quilómetros de distancia entre a Boa Vila e a capital galega a través do Camiño Portugués.
Unha experiencia que finaliza na Praza do Obradoiro e que a maioría repite de ocasións pasadas para poñer o seu grsn de area no fomento das doazóns.