Castrelo amplía a rede de abastecemento de auga

Bueu
08 de agosto 2018

A obra vai ir completándose ata acadar 1.000 metros. O alcalde de Bueu, Félix Juncal, revisaba o estado dos traballos xunto ao concelleiro de obras e servizos, Fidel Castro, e o arquitecto técnico municipal

Obras de ampliación da rede de abastecemento de auga en Castrelo, Bueu
Obras de ampliación da rede de abastecemento de auga en Castrelo, Bueu / Concello de Bueu

Durante as últimas semanas acometeuse a instalación dun primeiro tramo da rede de abastecemento entre  Antepazo e o CEIP A Torre de Cela. Estes traballos permitirán que o colexio conte con serivico de  auga da traida municipal de Bueu. Será a primeira vez que se logra este obxectivo. A obra de ampliación desta rede completarase ao longo deste mes ata lograr 1.000 metros.

En Castrelo tamén se acometen estas obras de abastecemento, que levará a cabo en dous tramos. Sumarán finalmente 500 metros, segundo explicaba o alcalde de Bueu, Félix Juncal durante a visita que realizaba a esta contorna acompañada polo concelleiro de Obras e servizos, Fidel Castro. A esta revisión tamén acudía o arquitecto técnico municipal.

A empresa encargada do servizo de auga tamén levará a cabo a ampliación do abastecemento en Trasouto, ofrecendo este servizo a diversas vivendas, que ata agora non contaban con auga da traída.