Case tres mil refuxiados ucraínos aprenden castelán da man da UNED Pontevedra

Pontevedra
20 de abril 2022

O éxito da iniciativa que puxo en marcha a UNED en Pontevedra para axudar á integración dos ucraínos en España é máis que evidente. Preto de 3.000 refuxiados inscribíronse para para participar no curso de castelán que impulsa o centro asociado

Apertura do curso de castelán para refuxiados ucraínos
Apertura do curso de castelán para refuxiados ucraínos / UNED Pontevedra

O éxito da iniciativa que puxo en marcha a UNED en Pontevedra para axudar á integración dos ucraínos en España é máis que evidente. Preto de 3.000 refuxiados inscribíronse para para participar no curso de castelán que impulsa o centro asociado.

O curso, que arrancou este martes, está impartido de maneira telemática pola profesora-relatora SofiYa Lykhohray, máster en profesorado de Educación Secundaria, Bacharelato e Ensino de Idiomas e grao en linguas e literaturas modernas. 

A pesar de iniciarse esta formación, a matrícula mantense aberta para que se poidan anotar os refuxiados que chegasen a calquera localidade española.

Os organizadores desta iniciativa solidaria, que conta coa colaboración da FEGAMP e a Deputación de Pontevedra, esperan alcanzar grandes cifras debido á utilidade desta acción formativa para romper barreiras idiomáticas e favorecer o acceso ao emprego.  

Este curso, segundo o coordinador do Departamento de Extensión Universitaria, Rafael Cotelo, é gratuíto para os refuxiados e supón "o noso pequeno gran de area para asistir ás vítimas deste conflito", creando ademais unha canle de comunicación entre eles.

Ademais de axudarlles a superar a barreira idiomática, a UNED considera que este curso permitirá mellorar as competencias e posibilidades dos refuxiados para que poidan acceder ao mercado laboral aquelas persoas que decidan continuar en España.

Arquivado en