O número de desempregados na cidade de Pontevedra volve aproximarse á barreira das 8.000 persoas. Segundo os datos publicados este martes pola Consellería de Traballo e Benestar, o mes de abril supuxo unha redución significativa nas listas de demandantes de emprego. En concreto, un total de 189 pontevedreses encontraron traballo no último mes. Con este descenso, o paro rexistrado na cidade sitúase en 8.065 persoas, un 2,29% menos que en marzo.
Con estas cifras, Pontevedra acumula unha redución internanual do desemprego do 5,83%. En abril de 2014, había 8.564 pontevedreses estaban rexistrados como demandantes de emprego na cidade.
O descenso do paro en abril foi xeneralizado nas comarcas de Pontevedra, O Salnés, O Morrazo e Caldas. Salvo as excepcións de Barro, A Lama e Moraña, todos os concellos viron reducidas as listas de desemprego durante o mes pasado. Especialmente significativos foron os datos da Illa de Arousa, Cotobade ou Poio, entre outros.
Abril 2015 | Marzo 2015 | Variación mensual | |
Pontevedra | 8.065 | 8.254 | -189 (-2,29%) |
Barro | 390 | 386 | 4 (1.04%) |
Bueu | 1.087 | 1.093 | -6 (-0.55%) |
Caldas de Reis | 1.083 | 1.104 | -21 (-1,90%) |
Cambados | 1.574 | 1.660 | -96 (-5,18%) |
Campo Lameiro | 204 | 211 | -7 (-3,32%) |
Cotobade | 432 | 456 | -24 (-5.26%) |
Cuntis | 500 | 500 | 0 (0%) |
O Grove | 1.111 | 1.129 | -18 (-1,59%) |
A Illa de Arousa | 408 | 597 | -189 (-31,66%) |
A Lama | 258 | 252 | 6 (2,38%) |
Marín | 2.290 | 2.376 | -86 (-3,62%) |
Meaño | 562 | 580 | -18 (-3,10%) |
Meis | 534 | 542 | -8 (-1,48%) |
Moraña | 503 | 497 | 6 (1,21%) |
Poio | 1.536 | 1.618 | -82 (-5,07%) |
Ponte Caldelas | 673 | 679 | -6 (-0,88%) |
Portas | 298 | 315 | -17 (-5,40%) |
Ribadumia | 480 | 500 | -20 (-4,00%) |
Sanxenxo | 1.601 | 1.664 | -63 (-3,79%) |
Vilaboa | 621 | 647 | -26 (-4,01%) |
Vilagarcía de Arousa | 4,657 | 4.750 | -93 (-1,96%) |
Vilanova de Arousa | 1.203 | 1.246 | -43 (-3,45%) |
DATOS PROVINCIALES
Pola súa banda, o número de desempregados na provincia de Pontevedra rexistrados nos servizos públicos de emprego diminuíu en abril en 2.680 persoas, ata contabilizar un total de 97.695 parados.
Segundo os datos publicados este martes polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, respecto ao mesmo mes de 2014, o desemprego reduciuse na provincia en 9.995 persoas, o maior descenso interanual de toda a serie histórica.
O número de desempregados tamén se reduciu en Galicia, que rexistrou en abril 7.376 parados menos, un 2,93% menos que o mes anterior. Así, a comunidade galega chega a maio con 244.761 parados.
Dende a CIG sinalan que a contratación temporal continúa a aumentar mentres a indefinida baixa do 9,2% ao 7,8% e sinalan que o incremento da obra pública con motivo do proceso electoral reduce o número de persoas desempregadas en abril.