A presidenta da Deputación de Pontevedra, a socialista Carmela Silva, desvelou a súa aposta porque unha muller sexa a próxima secretaria xeral do Partido Socialista e descartou que vaia a acudir o próximo día 15 a Ourense ao acto de campaña programado polo ex líder desta formación, Pedro Sánchez.
"Non vou ir a Ourense a ver a Pedro Sánchez, entre outras cousas porque eu creo que non está aberto aínda o prazo para presentar candidaturas", declarou a presidenta pontevedresa xustificando que "eu son moi oficialista, á miña gústame moito cumprir as normas".
Carmela Silva insistiu en que cando o Comité Federal aprobe os prazos e as normas para presentarse ás primarias "irei escoitar a todos os candidatos".
Dito isto a presidenta da Deputación de Pontevedra definiuse como "unha persoa que cre na igualdade non só de palabra senón de feito" polo que asegura estar "encantada" con que unha muller anunciase xa que se vai a presentar á secretaría xeral do Partido Socialista Obreiro Español, dixo en referencia á presidenta da Xunta de Andalucía, Susana Díaz. "Será a primeira vez na historia do PSOE que unha muller dun paso adiante para liderar este gran partido centenario", engadiu.
"Como creo na igualdade e son unha feminista convencida vou apostar por unha muller", desvelou Carmela Silva. En todo caso, Silva matizó que "eu falo de apoiar a unha muller" precisando que "aínda hai prazo" para que se poidan presentar "máis mulleres e máis homes" e recordou que o prazo de primarias aínda non está aberto, "aínda que custe crelo" polo que "calquera militante pódese presentar".
Finalmente, sobre as enquisas publicadas nas que se dá vantaxe a Pedro Sánchez en detrimento do resto de candidaturas, Carmela Silva, estar "convencida" de que "esas enquisas non son reais e o tempo darame a razón, ou ma quitará claro", concluíu.