Carmela Silva pregúntase que pasou coas comarcalizacións dos Parques de Bombeiros que anunciaba a Xunta

Pontevedra
20 de maio 2019

Califica esa opción como unha proposta mentireira por parte de Alberto Núñez Feijóo e de Alfonso Rueda ao carecer de recursos, de contidos e de estudos para levala a cabo

Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra
Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra / Deputación de Pontevedra

Carmela Silva arremetía este luns contra o presidente e o vicepresidente da Xunta polo seu silencio ante diversas promesas que realizaran como a comarcalización de Parques de Bombeiros, que non se executaron.

Tras o incendio nun edificio de Marín deste domingo no que volveu quedar de manifesto o problema da efectividade do actual sistema, a presidenta provincial sinalou que desde a Xunta xa non se fala de comarcalización do Parque de Bombeiros de Pontevedra porque nunca foi unha aposta real. E engadiu que nunca se reuniron co alcalde de Pontevedra, nin contivera, nin recursos, nin estudos sobre ese plan. 

Silva continuou preguntándose sobre que pasara coa comarcalización de parques que se ían a proxectar nas outras provincias. "Eu non as coñezo. Era todo  unha mentira como todo o que fai o señor Feijóo e o señor Rueda", afirmou a presidenta da  Deputación.

Indica que os populares non están preocupados do que acontece en Galicia nin na provincia, só están preocupados coa presidenta da Deputación. Preguntouse tamén por que os dirixentes do PP non  hablán sobre política industrial, turismo, iniciativas para centros educativos, atención primaria ou situación das infraestruturas autonómicas.

Por último, lembrou aos máximos responsables da Xunta de Galicia que rematarán arranxando o Pazo de Lourizán porque hai un convenio asinado entre ambas as institucións e prognosticou que os xuíces lles van a obrigar a acometer esa obra. 

Carmela Silva terminou lamentando a actitude de Alberto Núñez Feijóo: "Qué triste que un presidente da Xunta de Galicia se pase o día descalificando aos seus adversarios e adversarias políticas. Eu dun presidente da Xunta de Galicia espero outra forma de actuar".