Carmela Silva insta á Xunta e ao Goberno de España a habilitar "todas as axudas necesarias" polos lumes

Pontevedra
17 de outubro 2017

A presidenta da Deputación de Pontevedra fixo un chamamento para que "se poñan en marcha de forma inmediata todos os recursos necesarios para aquelas persoas que perderon todo o que tiñan así como para recuperar o noso patrimonio natural"

Carmela Silva e Pedro Sánchez
Carmela Silva e Pedro Sánchez / Deputación de Pontevedra

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, instou á Xunta de Galicia e ao goberno de España para que, "de forma urxente e inmediata", poñan en marcha "todos os mecanismos, todos os recursos e axudas necesarias, sen ningún tipo de restrición, para que as veciñas e veciños que perderon todo o que tiñan o recuperen así como o noso patrimonio natural".

Carmela Silva, que este martes coincidiu co secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, comentou que "cáeseche a alma aos pes cando ves toda a destrución que provocaron estes incendios".

"Moitas veciñas e veciños da provincia de Pontevedra perderon xardíns e cultivos, todo o que tiñan, pero todas e todos perdemos o patrimonio natural, a nosa paisaxe de foresta e verde, que quedou totalmente destruído", dixo a presidenta provincial.

Ante esta situación, Silva manifestou sentir "unha inmensa pena e unha inmensa dor" e instou á administración autonómica e estatal a que habilite todas as axudas necesarias para recuperar o patrimonio das veciñas e veciños da provincia.

Arquivado en