Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, mostrábase moi molesta este venres ante o anuncio realizado polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, da posta en marcha da Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga de Galicia, con proxectos que serán asumidos economicamente entre a administración autonómica, deputacións e concellos, sen que previamente o consultara coas administracións provinciais.
A presidenta provincial denunciou que as competencias sobre eses proxectos de xestión da auga son exclusivas da Xunta de Galicia "e agora pretende que as paguen as administracións locais" a través dese triplo financiamento.
"Estamos fartas de anuncios da Xunta de Galicia nos que a Xunta invita e o mundo local paga. É un escándalo. Anuncia unha lei na que o mundo local vai pagar dous tercios do seu custe", denunciou Carmela Silva, alertando ao presidente do executivo galego que desde a Deputación estarán moi atentos para estudar xuridicamente o anteproxecto que se presentará en outubro e utilizar todos os instrumentos legais para evitar que, sen achegar recursos, derívense competencias da Xunta ás administracións locais.
"Non se pode ter tanta cara dura. É intolerable esta forma de actuar", señaló la representante provincial afirmando que Núñez Feijóo realiza ruedas de prensa todos los días como presidente do "que me dices, que me opoño" cuestionando ao Goberno do Estado porque non conta coa Xunta de Galicia "cando lle están transmitindo centos de millóns de euros e el non só é que nos remita cero euros de financiación senón que pretende que financiemos as súas competencias".
Carmela Silva concluíu asegurando que é "un escándalo" esta forma de actuar por parte de presidente autonómico e que desde a administración provincial non van permitir que a Xunta de Galicia continúe con estas prácticas.