A canle aberta en Sanxenxo para comunicar posibles irregularidades ou fraudes non recibiu denuncias

Sanxenxo
30 de xaneiro 2025

O Concello de Sanxenxo aprobou o Plan de Medidas Antifraude en febreiro de 2022 para a xestión dos fondos europeos Next Generation

Sede do Concello de Sanxenxo
Sede do Concello de Sanxenxo / Mónica Patxot

O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, presidiu este mércores a reunión do Comité Antifraude de Sanxenxo.

Nela, aprobouse a memoria de actuacións en 2023, dando cumprimento a unha esixencia da normativa reguladora dos fondos europeos Next Generation ás entidades beneficiarias dos mesmos.

Así mesmo, deuse conta da ausencia de denuncias na canle aberta na web comunicar posibles irregularidades ou fraudes.

O Concello de Sanxenxo aprobou o Plan de Medidas Antifraude en febreiro de 2022 para a xestión dos fondos europeos Next Generation e que xa se estaba aplicando no resto de subvencións concedidas para garantir a transparencia e xestión municipal.

Con este plan e este comité, tanto o Concello de Sanxenxo como Terra de Sanxenxo puxeron en marcha todas as medidas que garanten a loita contra a fraude e denuncia daquelas irregularidades ou sospeitas que se puidesen detectar en colaboración co Servizo Nacional de Coordinación Antifraude.

Durante a reunión, os membros do comité comunicaron que non se advertiron prácticas colusorias nin a existencia de conflitos de intereses na tramitación dos expedientes municipais, concluíndose que, no caso de ser apreciadas, deberá ser convocado de inmediato.