Canelóns recheos de Bonito do Norte ao estilo Pescamar

Pontevedra
13 de xaneiro 2018

Chegamos á primeira entrega do ano de "A cociña  gourmet en conserva" cunha receita para toda a familia: os canelóns. Conservas Pescamar propónnos un recheo de Bonito do Norte, a especie máis cotizada dentro da familia dos túnidos.

Canelóns recheos de bonito
Canelóns recheos de bonito

Chegamos á primeira entrega do ano de "A cociña  gourmet en conserva" cunha receita para toda a familia: os canelóns. Nesta ocasión, Conservas Pescamar propónnos un recheo de Bonito do Norte, a especie máis cotizada dentro da familia dos túnidos.

O Bonito do Norte é un peixe azul rico en graxa saudable. A esta calidade, hai que engadir os efectos beneficiosos para a saúde cardiovascular que Conservas Pescamar potencia co enlatado en aceite de oliva "xa que unen ás calidades positivas dos ácidos graxos poliinsaturados Omega 3, o feito de que achegan unha cantidade importante de ácido oleico procedente do aceite de cobertura", como nos lembra o FROM, o organismo do Ministerio de Agricultura e Pesca encargado de regular o mercado dos produtos do mar, en cuxa web tamén se recolle esta receita.

Para preparar uns deliciosos Canelóns recheos de Bonito do Norte en aceite de oliva Pescamar necesitamos os seguintes ingredientes:

- 2 latas de Bonito do Norte en aceite de oliva Pescamar

- 24 láminas de canelóns

- 1  tazón de salsa de tomate

- 1 litro de salsa bechamel

- 3 ovos cocidos

- manteiga

- queixo relado

- 1 cebola

- aceite

Elaboración:

Cocemos as láminas dos canelóns e, unha vez escorridas, colócanse sobre un pano para que sequen.

Desmiuzamos os ovos duros e o contido das dúas latas de Bonito do Norte en aceite de oliva  Pescamar. Revolvemos ata que estean ben mesturados.

Picamos a cebola fina e fritímola. Cando estea tenra, unímola ao preparado. Agregamos a salsa de tomate e mesturamos ben.

Enchemos os canelóns coa mestura, colocámolos nunha fonte e cubrimos coa salsa bechamel. Empoamos con queixo relado e unhas boliñas de manteiga. Gratinamos durante 10 minutos.

Nuns días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña  gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.