Etiqueta Negra é xa unha cita consolidada, non só entre o público que acode de forma masiva á feira do gourmet galego, senón entre os produtores e distribuidores que, ano tras ano, elixen esta cita no recinto feiral para presentar as súas últimas propostas. Entre os 80 expositores figuran novas innovacións que sorprenden mesmo aos padais máis esixentes e experimentados.
Viños, licores, cervexas e hidromel, cafés, infusións, marmeladas, mel, galletas, tortas, doces, xeados, aceites, queixos, patés, caracois, carnes, embutidos, xamóns, conservas, cogomelos, legumes, algas, salsas e aderezos, propostas veganas... As propostas son tan variadas como singulares e, entre elas, seleccionamos algunha das que máis chamou a atención do público este 2023. Hai moitas máis.
O espazo gastronómico local 'Vía Nai' causou sensación co seu novo produto, unha limonada. Adoitaban facela por encargo e incluíla nos seus servizos de cátering e sempre tiña boa aceptación, así que decidiron embotellarla e está a aproveitar Etiqueta Negra para ofrecer unha proba á clientela e empezar a vendela. Con moi boa acollida.
Silvia Massetti e a súa filla, Mercedes Murga, son as artífices deste proxecto gastronómico e explican a cada un dos clientes que pasan polo seu posto a composición desta bebida "totalmente natural". Limón, raiadura de limón, auga e azucre en caldo de azucre.
Esta empresa creada en marzo de 2021 elabora todo no seu obradoiro do centro de Pontevedra e pensa en que todo o mundo goce da súa cociña. Ofrecen servizos personalizados "pensando en todo o público, non só naquelas persoas que poden comer de todo, senón que prestamos atención a todos". Na liña de 'Vía Nai', tanto no cátering como en talleres de cociña ou eventos privados, buscan "o goce da comida", por iso é polo que "non queremos privar a ninguén nin dos procesos nin dos resultados da cociña".
Pensando en todo o público, tamén empezaron a envasar catro tipos de sobremesas, dous de galletas e dous de alfajores. Teñen pastas, que bautizaron 'Galletas de la reina', de manteiga; e galletas a base de licor de ruda que empezaron a realizar por encargo dunha licorería. E teñen o alfajor clásico arxentino e tamén unha versión con crema de cacao e abelás e tapas sen glute apta para celiacos.
Non menos sensación causaron os queixos de Galmara, que ofrecen un produto innovador de queixos de Venezuela elaborados con leite de vacas de pastoreo de Boimorto, todo artesanal e sen conservantes que se venden semanalmente.
Tivo moi boa acollida, pois "as persoas están a valorar moito a elaboración fresca", sinala Alejandro Recuncho, un dos artífices desta queixería familiar, na que tamén traballan a súa esposa e os seus fillos. O seu sogro era un galego emigrado a Venezuela e, cando retornou, fixérono todos e decidiron traer elaborar "receitas venezolanas con lado galego".
Na súa liña de produtos hai mozzarela; queixo duro prensado con tequeños dentro; queixo fresco; palmizulia, con buracos; ou dous queixos da familia de pasta fiada, unha das innovacións que máis chamou a atención na feira. Un ten forma de man e outro forma de trenza e poden presumir de que foi seleccionado para venderse no comedor da sede de Inditex en Arteixo.
En 'Trasdeza Natur', en Silleda, sorprenderon cunha ampla proposta de froitas e hortalizas deshidratadas usando técnicas sostibles. Eles mismsos son produtores ecolóxicos de todo o que logo pasan por unha deshidratación solar. Teñen bancais nos que fai rotación de cultivos, unha lagoa depuradora de plantas para depurar as augas residuais e reutilizalas na rega e unha instalación solar que deshidrata os produtos e garanten unha correcta conservación.
María José Tallón e Rosendo Luis Estévez son os promotores desta cooperativa que utiliza un prototipo da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para poñer no mercado froitas e hortalizas "conservadas sen conservantes nin engadidos" que se utilizan tanto como aperitivo como de merenda ou na cociña. E presumen de boa aceptación e de premios; o último, o Premio BBVA e Celler de Can Roca aos mellores produtos sostibles 2023.
'Awa café' foi outra das propostas que se estrearon nesta feira. E tamén ten selo pontevedrés. É unha bebida innovadora con base de auga mineral e café de especialidade macerado en frío creada polas empresas locais Liquido Gallaecia e Club do Café.
Axuntando a tradición, a innovación e o coñecemento do café, crearon unha bebida 100% natural e saudable que se presenta na feira. Previamente, xa puidera probala a clientela do Club do Café e agora chega ao público de Etiqueta Negra e o luns, 13 de novembro, celebrarase unha cata e degustación para profesionais o luns 13 de novembro dirixida polo barista Gonzalo Rodríguez Acuña.
O resultado é unha bebida totalmente natural, que non contén aditivos nin azucres, é baixa en calorías e non ten conservantes. Non está sometida a ningún proceso industrial nin tratamento artificial. Pura auga de café, sen solventes nin aromas artificiais. Preséntase en formato botella de 200 ml de cristal e convértese nunha opción saudable para a amantes da auga e do café.