"Cando dúas administración se poñen de acordo funcionan mellor as cousas". Así o dixo este sábado o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores que, acompañado da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez supervisou o remate da remodelación da estación de autobuses e da súa conexión coa terminal de ferrocarril.
"Ben está o que ben acaba" comentou o alcalde que dixo estar "contento de que por fin rematara a obra" a pesar das "dificultades inherentes a todas as administracións" como foron a inflación ou a crise de materiais, entre outros problemas xurdidos.
Lores quixo hoxe "resaltar o acordo que houbo entre as dúas administracións" salientando que "nós algo sabemos de modelo urbano e a Xunta algo sabe de transporte público e intermodalidade e aunamos esforzos e fixemos uns proxectos complementerios".
Pola súa banda, Ethel Vázquez destacou que a estación de autobuses conta cun novo aspecto por fóra, resultado do cambio da cuberta, fiestras e fachada, dotándoa dunha "nova pel".
Lembrou, ademáis, que a terminal está renovada por dentro, cunha rampla que garante a accesibilidade, un vestíbulo con visión directa ao exterior e novos acabados que forman un espazo máis confortable e para os que se empregou madeira galega.
Recoñeceu tamén a proposta que fixo o Concello "foi clave a posta en servizo do novo acceso de entrada e saída da estación de autobuses desde a avenida de Josefina Arruti", que dotou os vehículos dun novo punto de acceso ás dársenas e liberando do tránsito de autobuses a rúa Estación.
Ademáis co peche do ramal de entrada e a apertura do novo acceso se liberaron os marcos do encauzamento do río Gafos para destapalo, gañando un novo espazo público de gran valor ambiental para Pontevedra.
Por último, a conselleira remarcou o novo espazo público para o desfrute dos cidadáns, cunha praza fronte á entrada principal da estación, na que se reordenan os aparcamentos.