Campolameiro promoverá o achegamento popular á arqueología nunhas xornadas internacionais

Umia
29 de abril 2014

O obxectivo do encontro é establecer un diálogo interdisciplinar entre diferentes especialistas en torno á produción e uso de obxectos ⿿vasillas cerámicas, industria lítica, ourivaría, arte prehistórico⿦- desde o Neolítico ata o presente, como fórmula para mellorar a nosa comprensión dos procesos sociais e tecnolóxicos implicados na elaboración dos mesmos e transmitilos á cidadanía

Parque Arqueológico de Campolameiro
Parque Arqueológico de Campolameiro / Juan Mejuto

O Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro (PAAR) celebrará do 2 a 4 de maio unhas xornadas para achegar a arqueoloxía a todos os públicos. A iniciativa está financiada pola Unión Europea e contará coa presenza de arqueólogos, artesáns, químicos, restauradores-conservadores, antropólogos e de estudantes destas disciplinas.

O obxectivo do encontro é establecer un diálogo interdisciplinar entre diferentes especialistas en torno á produción e uso de obxectos ⿿vasillas cerámicas, industria lítica, ourivaría, arte prehistórico⿦- desde o Neolítico ata o presente, como fórmula para mellorar a nosa comprensión dos procesos sociais e tecnolóxicos implicados na elaboración dos mesmos e transmitilos á cidadanía.

As xornadas contarán coa participación de expertos da Deputación de Pontevedra, do Museu de Arte Pre-histórica e do Instituto Terra e Memoria de Maçao (Portugal), da Consejería de Cultura da Junta de Extremadura, da Universidade de Santiago de Compostela, do Ecomuseo Forno do Forte (Buño) e da Fundación Terra Termarum (Cuntis); así como investigadores do Welsh Rock Art Organization (Gales) e o propio director do PAAR, José Manuel Rey García.

Ademais destes relatorios, e co fin de implicar tamén no encontro aos visitantes do Parque Arqueolóxico, o sábado 3 de maio celebraranse actividades abertas á participación de todos os públicos nas que se reproducirán diversos procesos tecnolóxicos que formaron parte do día a día das comunidades do Neolítico e da Idade de Bronce no noroeste peninsular, tales como obradoiros de lume, de cerámica, ou de cociña prehistórica, entre outros.

Arquivado en