En marcha o proxecto para dotar a Campo Lameiro das primeiras vivendas de alugueiro social

Umia
15 de abril 2025

A empresa Construcciones Abal terá un prazo máximo e improrrogable ate o 15 de outubro para rematar as obras de rehabilitación da antiga Casa Escola de Couso

Infografía das vivendas sociais deseñadas na antiga Escola de Couso
Infografía das vivendas sociais deseñadas na antiga Escola de Couso / Concello de Campo Lameiro

O goberno local do Concello de Campo Lameiro, despois de ver os informes técnicos e as actas da mesa de contratación, decidiu adxudicar a Construcciones Abal por un importe total de 456.901,78 euros a rehabilitación da edificación da antiga Casa Escola de Couso.

Este inmoble será reconvertido en 5 vivendas con destino a alugueiro social.

Trátase da primeira solución habitacional de carácter social que se levará a cabo neste municipio.

O prazo máximo para rematar os traballos será o 15 de outubro de 2025 e a empresa adxudicataria non disporá de prórrogas para ter finalizadas as obras.

A empresa adxudicataria ofreceu como mellora a redución en dous meses do tempo de execución da obra e aumentou a garantía en 12 meses máis.

Pola súa banda, o alcalde Carlos Costa salientou a importancia que ten para o municipio esta iniciativa de vivenda social, única en Campo Lameiro.

O alcalde sinalou que estas cinco vivendas que están concebidas "para os distintos tipos de familias existentes na nosa sociedade e que non son só as tradicionais xa que tamén se adaptan a familias monoparentais, persoas que na súa liberdade individual prefiran vivir soas".

Infografía das vivendas sociais deseñadas na antiga Escola de Couso
Infografía das vivendas sociais deseñadas na antiga Escola de Couso