O Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro (PAAR) preparou para este verán un amplo e diverso programa de actividades culturais. A idea consiste en ofrecer aos visitantes diferentes experiencias arredor da arte rupestre e a Prehistoria.
O punto de partida será outra vez o singular formato de visitas nocturnas aos petróglifos do parque, coñecido pola denominación de Noitepedras que este ano acada a súa terceira edición cun novo sistema iluminación led e unha temática e itinerario diferente: "Cazadores e guerreiros na Idade do Bronce".
Seguirán as célebres visitas teatralizadas dos Quinquilláns/Volta e Dálle Teatro coa obra "O Retorno", e os coñecidos "Obradoiros Arqueolóxicos Familiares" para achegarse á arqueoloxía dunha maneira didáctica e divertida, aproveitando a experiencia como un centro de referencia en arqueoloxía experimental en Galicia.
O evento posiblemente máis mediático do parque vai ser o "Taller Concerto" de Neonymus, un dos artistas musicais do momentos que Iker Jiménez defíneo como "O chamán do son". Tamén hai a opción de gozar do taller "Historia inventada dá música inventada" ou do concerto "Ultra-humano". Outro evento singular e ofrecido pola portuguesa Prehistoric Skill Events consiste en vivir durante un día como na Idade do Bronce.
E por último mencionar o novo formato de visita guiadas especiais para coñecer ao longo de dúas horas a paisaxe rupestre do parque e coñecer espazos e petróglifos extraordinarios que non se atopan dentro da ruta habitual. Este tipo de visita ten a denominación de "Atardeceres do Parque".
Se todas estas actividades programadas para o verán do 2017 representan un novo fito na historia do parque, hai que engadirlles as actividades de "Petróglifos e Estrelas" propostas pola empresa Rutea para gozar da choiva das Perseidas.
Máis información de datas, prezos e reservas na páxina web ou no teléfono 886 151 195.