Campo Lameiro celebrará o Entroido este sábado cun desfile de once comparsas

Umia
05 de marzo 2020

O desfile comezará ás 16:30 horas do sábado e os participantes deberán anotarse desde unha hora antes no Consistorio

Desfile do Entroido
Desfile do Entroido / Diego Torrado

Un total de once comparsas xa comprometeron a súa participación no desfile de Entroido que terá lugar este sábado, a partir das 16:30 horas, polas rúas do centro de Campo Lameiro. O Concello destina este ano para premios máis de 5.000 euros e os interesados en participar no concurso de disfraces deberán inscribirse previamente no Consistorio desde as 15 horas e rematará o prazo quince minutos antes de que a comitiva carnavaleira inicie o seu pasarrúas.

Nesta edición do Entroido de Campo Lameiro teñen comprometida a súa presenza Os Solfamidas, como anfitriones, asi como as comparsas Os Miúdos de Arcade, Os Paparrulos e os da Caña de Marín, Os Amoriños de Bora, Luces de Tomiño, Las Flores del Carnaval de Monte Porreiro, As Sonecas e os 100 Tolos de Campelo (Poio), Os Canecos de Poio e A Vila de Ponteareas.

Os premios para o concurso de disfraces dividiranse nas categorías individual (nenos e adultos), grupos adultos e nenos e 3 premios especiais de animación de 100 euros, así como un premio especial do xurado de 200 euros.

 

Arquivado en