A Asociación Vagalume de Barro, en colaboración co colectivo Politicamente Incorrectos de Gondomar, lanza unha campaña solidaria para estas datas.
O obxectivo é garantir que todos os nenos e nenas das zonas afectadas en Valencia pola DINA (depresión illada en niveis altos) poidan pasar un Nadal con xoguetes.
Esta iniciativa busca levar un sorriso aos máis pequenos nestas datas tan especiais recollendo xoguetes para doalos ás vítimas da zona do Levante. Permanecerá activa ata o 17 de decembro.
Ademais, a campaña tamén recolle produtos de primeira necesidade para as persoas maiores, como produtos de hixiene e roupa, co fin de apoiar a aqueles que máis o precisan.
Os puntos de recollida habilitados para as doazóns son:
- Un par de 2 (Barro)
- Café-bar Xolda (Moraña)
- Pinturas Armenteros (Vilagarcía de Arousa)
Para máis información sobre como colaborar, os interesados poden contactar coa Asociación Vagalume a través de Eva no teléfono 636 56 31 62.
Esta campaña é unha oportunidade para que a comunidade se una e axude a facer deste Nadal unha celebración máis inclusiva e solidaria para todas as persoas..