Desde o luns 15 ata o domingo 21 de abril, a Dirección Xeral de Tráfico pon en marcha unha campaña de control de velocidade inadecuada.
No Concello de Poio, a Policía Local participa nesta campaña cunha especial atención naqueles puntos do municipio onde se rexistran máis conflitos por exceso de velocidade.
Os controis por parte dos axentes serán aleatorios e continuos, especialmente naqueles lugares onde se rexistran queixas veciñais debido á presenza de vehículos que circulan a altas velocidades.
Nesta campaña utilízase un vehículo equipado con radar, que foi cedido pola Dirección Xeral de Tráfico.
As rúas onde se incidirá serán:- Avenida Domingo Fontán e Avenida da Barca, Avenida Andurique e Avenida Porteliña; Avenida Encoirados e Avenida San Xoán; Avenida da Cruz e Avenida da Costa; Beiramar e Rúa Pedro Soto; Avenida da Praia e Avenida Pai Avelino; Avenida de Peirado Besada e Rúa Anafáns; ademais de Rúa Illa de Tambo, Avenida Principal; Rúa Muíño e Rúa Orgodomonte.
A Policía Local convida tamén a veciñanza a solicitar controis en puntos do municipio onde consideren que é necesario unha vixilancia de velocidade, a través do correo: [email protected]
O obxectivo é establecer un efecto disuasorio e poñer en alerta ás persoas que conducen sobre a necesidade de respectar as normas e velocidades establecidas.