Cambados tentará conseguir o apoio da Deputación e da Xunta para comprar o asilo

O Salnés
19 de setembro 2023

O alcalde de Cambados Samuel Lago asegura que hai moita preocupación o anuncio da venta do inmoble e desexa que siga destinado a un uso social para o cuidado das persoas maiores

Pazo de Montesacro, asilo de Cambados
Pazo de Montesacro, asilo de Cambados / Concello de Cambados

O Concello de Cambados asegura que hai "moita preocupación" polo anuncio confirmado de que o edificio que alberga o asilo de Cambados está en venta no portal inmobiliario Lucas Fox.

O asilo atópase no Pazo de Montesacro, un edificio barroco construído no século XVIII. O pazo ten 30 dormitorios, 23 baños e unha superficie sobre plano de 2.375 metros cadrados situados nunha parcela de 12.547 metros cadrados con xardín, hórreo, pombal, aparcamento e a Capela da Virxe da Valvanera. O prezo de venda supera os tres millóns de euros.

"Para nós é moi mala noticia da que hai tempo se escoitaban rumores pero parece que agora se confirma públicamente", indica o alcalde cambadés, Samuel Lago, que expresa, ademáis, que o desexo do Concello é que o inmoble permaneza en mans públicas.

Para elo, o goberno local asegura que non quedará impasible e fará "as xestións oportunas con outras administracións que permitan que o asilo de Cambados siga destinado a un uso social para o cuidado de persoas maiores".

"A nosa intención sería que esta edificación quedara en mans públicas e mantivera o uso social polo que foi donado no seu momento, o cuidado ás persoas maiores, pero ademáis, para conservar o pazo que o alberga como patrimonio de importancia en Cambados", manifestou o alcalde.

Sen embargo, o Concello por si mesmo non ten capacidade financeira para adquirir o inmoble e por elo o alcalde avanza que tratará de conseguir o apoio da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia.

"Xa teño solicitada unha entrevista co presidente da Deputación, Luis López, para abordar este asunto ademáis de outros temas de importancia para Cambados e tamén trataremos de recabar o respaldo da Xunta para ver si existe a posibilidade de que a administración autonómica poida adquirir o inmoble e mater o seu uso como residencia pública de anciáns a un prezo máis asequible que nun centro privado", dixo Samuel Lago.