Caldo de marisco con berberechos Pescamar

Pontevedra
20 de abril 2024

Chegamos a unha nova entrega de "A cociña gourmet en conserva", coa calidade de sempre das Conservas Pescamar e un dos produtos estrela da cociña atlántica: o berberecho

Caldo de marisco
Caldo de marisco / | Freepik

Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar. Nesta ocasión, imos cociñar un caldo de marisco cun dos produtos estrela da cociña atlántica: o berberecho.

Os berberechos son moluscos altamente nutritivos, grazas á súa achega en ferro. Teñen un baixo contido en graxas e gran porcentaxe de proteínas.

Para preparar un delicioso Caldo de marisco con berberechos Pescamar, necesitamos os seguintes ingredientes:

- 2 latas de berberechos ao natural Pescamar

- 10 langostinos

- Aceite de oliva

- 2 tomates maduros

- 1 cebola

- 1 dente de allo

- 1 porro

- 1 poliña de apio

- Sal

- Pemento picante en po

Elaboración:

Friximos lixeiramente a cebola, o allo e o tomate.

Pelamos os langostinos e, cando estea listo o rustrido, engadímoslle as cascas dos langostinos e cubrimos con agua. Cocemos uns minutos.

Agregamos o porro e a poliña de apio, e seguimos cocendo ata que o caldo estea concentrado.

Transcorrido ese tempo, pasamos o contido da cazola polo coadoiro chinés, levamos de novo a ebulición, incorporamos os langostinos pelados e os berberechos ao natural Pescamar. Salpementamos.

Presentamos en cuncas individuais de consomé.

En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.