Caldeirada de polbo ao estilo gourmet de Conservas Pescamar

Pontevedra
10 de xuño 2017

O polbo en aceite de oliva Pescamar achéganos proteínas de gran calidade, que son unha boa alternativa ás carnes vermellas. Ademais, a súa baixa achega en calorías convérteo nun alimento ideal para unha dieta sa e equilibrada, ademais de contribuír ao control de peso.

Caldeirada de polbo
Caldeirada de polbo / IBM España

Chega unha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" cun dos produtos estrela da dieta atlántica: o polbo. Conservas Pescamar ofrécenolo en aceite de oliva ou combinado con outras especies, na prezada lata de tacos de cefalópodos.

O polbo en aceite de oliva Pescamar achéganos proteínas de gran calidade, que son unha boa alternativa ás carnes vermellas. Non hai que esquecer que as proteínas axudan ao bo mantemento da pel, os músculos, o cabelo e as unllas. Ademais, a súa baixa achega en calorías convérteo nun alimento ideal para unha dieta sa e equilibrada, ademais de contribuír ao control de peso.

Para preparar unha deliciosa Caldeirada de polbo en aceite de oliva Pescamar, necesitamos os seguintes ingredientes:

- 2 latas de polbo en aceite de oliva Pescamar (ou de tacos de cefalópodos en aceite de oliva Pescamar)

- 3 patacas

- 1 pemento verde

- 2 tomates maduros

- 1 cebola

- 1 dente de allo

- unhas febras de azafrán

- unha culleradiña de pemento

- 2 follas de loureiro

- sal e perexil

- aceite de oliva

- medio vaso de viño branco seco e medio de auga

Preparación:

Na cazola onde vaiamos preparar o guiso, quentamos un bo chorro de aceite de oliva e preparamos un sofrito coa cebola moi picada. Refogamos a lume suave e, pasados uns minutos, engadimos o pemento verde cortado en tiras finas. Cando as verduras estean ben pochadas, incorporamos os tomates cortados en anacos, mesturamos e deixamos que se vaia sofritindo todo xunto para que se evapore o mollo.

Unha vez reducido o sofrito, incorporamos as patacas cortadas en rolos e as follas de loureiro. Vertemos o viño branco, mesturamos ben e, cando reduza o alcol, agregamos parte do mollo da lata de polbo en aceite de oliva Pescamar (ou de tacos de cefalópodos en aceite de oliva Pescamar), medio vaso de auga e un chisco de sal. Removemos suavemente e cocemos a lume medio durante quince minutos.

Mentres, no morteiro, machucamos o dente de allo cun chisco de sal, o pemento, as febras de azafrán e un puñado de follas de perexil picado.

Unha vez cocidas as patacas, incorporamos o contido do morteiro e as dúas latas de polbo en aceite de oliva Pescamar (ou de tacos de cefalópodos en aceite de oliva Pescamar). Mesturamos suavemente e deixamos a lume baixo uns cinco minutos.

Retiramos e deixamos que repouse tapado antes de servir.

Deste xeito, conseguimos unha receita fácil e deliciosa, moi apropiada como prato principal. A caldeirada é un prato típico da cociña mariñeira, apropiado para calquera tempada do ano.

Nuns días, de novo os produtos do mar serán protagonistas dunha nova proposta culinaria de Conservas Pescamarna serie "A cociña gourmet en conserva".