Caldas mantén a súa programación de Entroido

Umia
10 de febreiro 2024

O tenente de alcalde de Caldas de Reis, Manuel Fariña, confirma que se mantén en data e hora o desfile previsto para este domingo ás 17.00 horas ao esperarse unha mellora nas condicións meteorolóxicas

Desfile do Entroido en Caldas de Reis
Desfile do Entroido en Caldas de Reis / Concello de Caldas de Reis

O Concello de Caldas de Reis confirmou que se mantén na data e hora previsto o gran desfile de Entroido deste domingo 11 de febreiro.

Así o anunciou o tenente de alcalde, Manuel Fariña, ao esperarse unha mellora nas condicións meteorolóxicas.

Desta forma o desfile partirá, tal e como estaba deseñado, ás 17.00 horas do Paseo Román López para dirixirse pola rúa de As Palmeiras e terminar pola rúa Real de novo cara ao Paseo Román López.

A entrega de premios aos mellores disfraces e agrupacións está prevista ás 20.00 horas no Auditorio.

Arquivado en