Caldas dirixe a atención da campaña do 25N á poboación estudantil

Umia
20 de novembro 2020

A poboación estudantil é o grupo ao que o Concello de Caldas dirixe a atención na campaña de difusión e sensibilización sobre o 25N. “Caldas + Igualdade – Violencia'

O alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey máis o concelleiro  de Educación Jacobo Pérez
O alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey máis o concelleiro de Educación Jacobo Pérez /

A poboación estudantil é o grupo ao que o Concello de Caldas dirixe a atención na campaña de difusión e sensibilización sobre o 25N. “Caldas + Igualdade – Violencia'.

A iniciativa conta coa subvención da Deputación de Pontevedra dentro da convocatoria de axudas a concellos de menos de 20.000 habitantes para fomentar a igualdade de oportunidades e previr a violencia de xénero.

Así, este goberno local comezou a repartir dous mil botes individuais de hidrogel con lemas contra a violencia de xénero. O colexio Afonso VII recibía este venres o primeiro dos lotes de mans do alcalde, Juan Manuel Rey e o concelleiro de Educación, Jacobo Pérez.

Outro dos elementos que utilizará o Concello para concienciar á poboación serán paneis informativos con lemas de rexeitamento á violencia machista e de apoio ás mulleres que son vítimas da mesma. Estes distribuiranse e colocarán en instalacións municipais.

Xunto á mencionada campaña, o Concello sumarase ao comercio caldense na iniciativa 'En negro contra as violencias'. Case un centenar de establecementos mostrarán elementos e cartelería en negro para evidenciar o seu rexeitamento e condena ás mortes que se producen consecuencia deste tipo de violencia.