O inicio do ponte da constitución supuxo tamén en Caldas de Reis o inicio do período do Nadal, co aceso da súa iluminación.
"Cada ano tentamos que a iluminación de Nadal sexa mellor e para iso é importantísima a colaboración de todos os veciños e veciñas que nos achegan fantásticas ideas", recoñece o respecto a concelleira de Cultura, María López.
Un dos grandes obxectivos desta iniciativa, como cada ano, é contribuír á dinamización comercial de Caldas, á vez que se crea un ambiente festivo que propicie que os veciños se animen a pasear polas rúas da vila.
Desde o goberno local sinalan que se realizou un esforzo para levar a iluminación a rúas como a Rúa da Pena, Pasionistas, Souto María López ou Sarnadela, "á vez que aumentamos o número de arcos na avenida Dona Urraca e na Rúa da Igrexa e colocouse unha bóla de cor na zona da Fonte da Burga", ecplicó a edil.
A iluminación, maioritariamente de tecnoloxía LED, foi instalada pola empresa Electromiño. Está composta por arcos decorativos, teitos de luz, bólas de chan e figuras de cores. Destaca tamén a iluminación especial da Praza das Palmeiras coa iluminación de cada un das árbores.