Caen os casos activos ata os 2.877 na área sanitaria

Pontevedra
21 de febreiro 2022

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) informa que son 2.877 as persoas con infección activa de coronavirus na área sanitaria de Pontevedra O Salnés, segundo a última actualización dos datos da pandemia feita este luns 21 de febreiro, son 275 menos que onte sábado. Nas últimas 24 horas curáronse 387 persoas e detectáronse 112 novos casos abertos  

Centro de saúde da parda
Centro de saúde da parda / Mónica Patxot

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) informa que son 2.877 as persoas con infección activa de coronavirus na área sanitaria de Pontevedra O Salnés, segundo a última actualización dos datos da pandemia feita este luns 21 de febreiro, son 275 menos que onte sábado. 

Nas últimas 24 horas curáronse 387 persoas e detectáronse 112 novos casos abertos.

O Sergas notifica este luns que hai un total de 83 pacientes enfermos de Covid que están ingresados en planta de hospitalización, son 3 máis que onte. Son 72 (tres máis que onte) no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, ningún no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez e 11 no Hospital do Salnés. 

Baixan a 2 (un menos) os pacientes en estado crítico na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Hospital Montecelo.

O resto dos que contraeron o virus, outras 2.792 persoas, atópanse illadas nos seus domicilios e baixo supervisión médica, ao ser asintomáticos ou ter pouca sintomatoloxía.

Desde o inicio do plan de continxencia pola pandemia curáronse 53.266 pacientes e faleceron por este virus na área sanitaria 255 pacientes.

En canto á realización de PCR, nas últimas 24 horas fixéronse 261 probas, que se engaden ás 398.397 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria. A elas súmanse as 228.397 probas de antíxenos e outras 123.106 probas de detección da covid-19.

GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 25.970 deles 5.507 son da área da Coruña, 2.921 da de Lugo, 3.001 da de Ourense, 2.877 da de Pontevedra, 5.408 da área de Vigo, 4.536 da de Santiago e 1.440 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 31 están en UCI, 567 en unidades de hospitalización e 25.372 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 458.468 persoas curadas, rexistrándose 3.075 falecementos.

O último falecemento rexistrados por coronavirus foi o pasado sábado 20 de febreiro: un home de 90 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee. A persoa falecida presentaba patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 3.671.626. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.518.975.