"Cada vez estamos teniendo más jóvenes en hospitales. Parece que está cambiando la foto"

Pontevedra
30 de xuño 2021

Sobre a reapertura do lecer nocturno e a volta das verbenas, o xerente do Servizo Galego de Saúde, José Flores Arias anunciou que a Xunta falará cos concellos que a partir das 00:00 do sábado non poden abrir o lecer nocturno, pero si que o poderían activar mañá, para que traten de evitalo

Carmen Durán Parrondo, directora xeral de Saúde
Carmen Durán Parrondo, directora xeral de Saúde / Xunta de Galicia

A directora xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Carmen Durán Parrondo advertiu de que "cada vez estamos teniendo más jóvenes en hospitales. Parece que está cambiando la foto". Con todo, a Xunta descarta, por agora, cambiar a orde cronolóxica que se segue no proceso de vacinación aínda que "sin cerrar ninguna puerta" se a situación epidemiolóxica varía.

A doutora Durán xunto ao secretario xeral técnico dá Consellería de Sanidade, Alberto Fuentes Losada e o xerente do Servizo Galego de Saúde, José Flores Arias, fixeron un balance este mércores en rolda de prensa da situación epidemiolóxica da covid-19 en Galicia. Son 44 pacientes, un 0,7% de ocupación, e de UCI hai 10 pacientes (2,24%).

PREOCUPA PONTEVEDRA

Por áreas sanitarias, a de Pontevedra é a que presenta peor evolución, cunha incidencia acumulada de 56 casos no últimos sete días. "Toda la comarca de Pontevedra está bajo vigilancia" polos incrementos da capital provincial, Vilaboa e Poio, dixo a doutora Durán. Aínda que o xerente do Sergas, José Flores, destaca que de momento non se produciron cambios importantes na hospitalización.

A xefa de servizo de Anestesioloxía e Reanimación do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e membro do Comité Clínico, Mariña Varela, advertiu que "la población no vacunada debe seguir usando las medidas de seguridad. Insistimos sobre todo en la población joven. Aunque la letalidad es menor no debemos de bajar la guardia".

"ES UN INCREMENTO PAULATINO Y CONTINUADO"

"La situación ha cambiado ligeramente en las últimas semanas", recoñeceu a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán. A incidencia acumulada incrementouse a 7 días en 32 casos e a 14 días en 54,5 casos por cada 100.000 habitantes, isto supón un 34% máis e do 22% máis con respecto á semana pasada e respectivamente.

"Es un incremento paulatino y continuado", comentou. En todo caso, incidiu en que son niveis que se sitúan na metade da media española.

A porcentaxe de positividade das probas tamén creceu e sitúase no 2,68%. En todo caso, por baixo do 5% que os expertos indican como o limiar para partir do que se considera descontrolada a trasmisión.

GROMO DE MALLORCA

En Galicia hai 155 casos relacionados co macrobrote de Mallorca e 550 contactos gardando corentena. Dos 49 positivos detectados no cribado do aeroporto, 33 xa están vinculados a ese brote de Baleares, os 16 restantes están en estudo. Todos os pasaxeiros do voo considéranse contactos estreitos.

Debido á alta contagiosidad producíronse cambios á hora de realizar o seguimento de casos para o brote de Mallorca. Aínda que unha persoa dese negativo en PCR, se alguén do seu grupo fose positivo deberá gardar a pertinente corentena de 10 días.

NOVAS VARIANTES

A directora xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade lembra que cada vez que o SARS- CoV-2 se replica xorden posibilidades de novas variantes.

A variante alfa ou británica é a que ten maior prevalencia en Galicia, cun 75% de circulación, dixo Carmen Durán "aínda que é certo que detectamos 36 casos de surafricana, da brasileira 102 e 2 mostras coa nixeriana e 8 coa de Nova York". Da delta ou variante india notificáronse 57 casos en Galicia.

Xa habería algún caso de variante Delta entre os positivos de Mallorca, aínda que falta a secuenciación completa.

LECER NOCTURNO

Sobre a reapertura do lecer nocturno e a volta das verbenas, o xerente do Servizo Galego de Saúde, José Flores Arias dixo que, de momento, non está sobre a mesa a súa cancelación. Pero só poderase facer nos concellos no nivel medio-baixo de restricións, o problema é que as medida anunciadas onte á noite non entran en vigor ata o sábado e a volta dos pubs e discotecas fixouse para o día 1 de xullo.

José Flores Arias anunciou que a Xunta falará cos concellos que a partir das 00:00 do sábado non poden abrir o lecer nocturno, pero si que o poderían activar mañá, para que traten de evitalo. 

COLABORACIÓN NOS CRIBADOS

Esta semana están planificados cribados que van convocar a 11.000 persoas, e é posible que se incrementen os chamamentos. "Cuantos máis casos detectemos mellor", afirma Durán, que pide a colaboración cidadá na detección precoz.