A provincia de Pontevedra rexistrou no pasado 2011 un total de 682 desfiuzamentos, unha cifra que foi crecendo sen parar ao longo deste ano. Xa van máis de 2.200 lanzamentos desde o 2007.
No primeiro semestre deste ano en curso, segundo os datos facilitados polo Consello Xeral Poder Xudicial (CXPX), os xulgados de primeira instancia e instrución da nosa provincia tramitaron 811 lanzamentos.
ÿ dicir, en seis meses, 811 familias foron desaloxadas da vivenda que ocupaban por orde dun xuíz.
Tan só as dúas oficinas dos chamados Servizos Comúns de Notificación situadas nas cidades de Pontevedra e Vigo tramitan cada día unha media superior aos dous desfiuzamentos.
Segundo o CXPX estas dúas oficinas rexistraron un total de 446 ordes de desaloxo.
Para obter o total, a esta cifra hai que sumarlle os datos do resto dos xulgados pontevedreses que non contan cun servizo común de notificación.
O Sindicato Unificado de Policía (SUP) asegurou este domingo que apoiará aos axentes que se neguen a participar en desfiuzamentos e que ata os defenderá xurídicamente no caso de que sexa necesario, sexan afiliados ou non.
O Concello de Pontevedra xunto ao Colexio de Avogados da capital poñerán en marcha unha oficina para prestar asesoramiento gratuito ás familias que estean en dificultades económicas e non poidan afrontar o pago da súa vivenda.