Cada ano chegan ao porto de Marín unha media de 100 barcos para cargar pasta de papel

Pontevedra
05 de marzo 2021

Segundo os datos facilitados pola Autoridade Portuaria, a fábrica de pasta de papel exporta a práctica totalidade da súa produción anual a través do Porto de Marín: 400.000 toneladas anuais, o que representa o 60% da mercadoría xeral convencional (non contenerizada)

Terminal cuberta de Ceferino Nogueira no Porto de Marín
Terminal cuberta de Ceferino Nogueira no Porto de Marín / Mónica Patxot

O presidente da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra, José Benito Suárez Costa reuniuse co portavoz do grupo municipal do PP en Pontevedra, Rafa Domínguez, para abordar a continuidade da factoría de Ence en Lourizán.

Segundo os datos facilitados pola Autoridade Portuaria, a fábrica de pasta de papel exporta a práctica totalidade da súa produción anual a través do Porto de Marín: 400.000 toneladas anuais, o que representa o 60% da mercadoría xeral convencional (non contenerizada).

Cada ano chegan ao porto unha media de 100 barcos para cargar pasta de papel.

Segundo expuxo o presidente José Benito Suárez Costa, cada ano prodúcense uns 14.000 movementos de camión vinculados a este tráfico relacionado coa fábrica de celulosas.