Espazo Feminista Marín e Zeivas, colectivos feministas de Marín, convocaron unha cacerolada con motivo da celebración este mércores 25 de novembro do Día Internacional de Eliminación da Violencia contra as Mujeres, a partir das 20.30 horas.
Ante as limitacións sanitarias, estes colectivos fan un chamamento a todas as persoas que queiran participar que mostren o rexeitamento aos malos tratos e ao machismo desde as ventantas e os balcóns dos fogares, golpeando cazos, testos e outros utensilios domésticos. O ruído representará, segundo explica, o berro empoderado e libre das mulleres.
Esta acción complétase con lazos, panos e pezas de cor lila que, durante toda a xornada, colocaranse para mostrar a solidariedade coas vítimas da violencia machista e como acción reivindicativa para que as autoridades actúen de forma contundente contra esta secuela social.
Zeivas e Espazo Feminista Marín desmárcanse das iniciativas do Concello de Marín e do Centro de Información á Muller ao consideralas unicamente "estéticas" e carecen de contundencia para enfocar este grave problema dos malos tratos. Piden maior compromiso do Concello e do CIM para establecer unha folla de roteiro político que aposte claramente pola igualdade e polo feminismo.