A concelleira de C’s de Pontevedra, María Rey, mantivo unha reunión coas distintas asociacións de discapacitados para a creación dun gabinete de discapacidade "un dos soños de Ciudadanos é que Pontevedra sea unha cidade adaptada a todas as persoas con algunha discapacidade".
A concelleira da agrupación convida ao resto dos grupos municipais "a unirse a esta iniciativa" e anima a todas as asociacións "a participar neste proxecto para poñer en común tódalas ideas destinadas a favorecer o día a día deste colectivo".
Por este motivo presentarán unha moción ao próximo pleno da corporación local.
"Cremos que solucionar pequenos detalles nos poden facilitar a vida a todos", dixo a concelleira de Ciudadanos.